Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 19 de xullo de 2019 Páx. 33808

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 11 de xullo de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, de levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica no concello de Arteixo (expediente IN407A 2015/201-1, modificado 2).

Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada modificado 2 recuamento LMT, GRN-708 rúa Brasil, no concello de Arteixo (expediente IN407A 2015/201-1, modificado 2), mediante Resolución da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Coruña, do 5 de xullo de 2019, a favor da entidade beneficiaria UFD Distribución Electricidad, S.A., con enderezo na avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Esta xefatura territorial, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 do seu regulamento, do 26 de abril de 1957, acorda sinalar o día 14 de agosto de 2019 para o levantamento das actas previas á ocupación, nas cales se describirán os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica, contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución no taboleiro de edictos do concello de Arteixo, deducida da que se someteu a información pública no DOG do 17 de abril de 2019, no BOP do 2 de abril de 2019, e no xornal La Voz de Galicia do 4 de abril de 2019, acto a que deberán concorrer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios propostos como afectados, aos cales se lles practicará notificación individual sinalándoselles os horarios de toma de datos sobre o terreo e do levantamento efectivo das actas nas oficinas da casa consistorial do dito concello.

Cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidas ou se ignore o lugar de notificación, dirixiranse ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destas, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa. Neste caso, igualmente, publicarase un anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

A Coruña, 11 de xullo de 2019

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña