Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 18 de xullo de 2019 Páx. 33640

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 692/2019-M).

Tipo e nº de recurso: RSU recurso suplicación 692/2019-M

xulgado de orixe/autos: procedemento ordinario 708/2017 Xulgado do Social número 5 de Vigo

Recorrente: Alberto Castro Pérez

Avogada: Rosa María Tarrago Nesta

Recorridos: Fogasa, Construcciones Urvi 2000, S.L.

Avogado: letrado de Fogasa

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso suplicación 692/2019 desta sección, seguido por instancia de Alberto Castro Pérez contra Fogasa, Construcciones Urvi 2000, S.L., sobre reclamación cantidade, se ditou a seguinte resolución:

Decidimos

Que desestimando o recurso de suplicación interposto pola letrada Rosa María Tárrago Nesta, en nome e representación de Alberto Castro Pérez, contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número cinco dos de Vigo, do 6 de novembro de 2018, en autos seguidos por instancia do recorrente fronte á empresa Construcciones Urbi 2000, S.L., sobre cantidade, debemos confirmar e confirmamos a resolución impugnada.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Construcciones Urvi 2000, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 18 de xuño de 2019

A letrada da Administración de xustiza