Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Mércores, 17 de xullo de 2019 Páx. 33519

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (SSS 1097/2016).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1097/2016 por instancia de Mutua Gallega contra Mercantabria, S.L.U. e outros sobre SSS, en que recaeu Auto do 25 xuño de 2019 que, copiado nos particulares necesarios, di así:

«Parte dispositiva.

Dispoño:

Procede a aclaración de sentenza do 30 de maio de 2019 e modifíquese o suplico da demanda, o cal quedará do teor literal seguinte:

“Feito probado quinto: presto servizos para a empresa Portugal Fish, S.L. CNAE (4638), do 4 de novembro de 2013 ao 5 de novembro de 2013, en grupo de cotización 10 (maiores de 18 anos non cualificados, asegurando as continxencias profesionais a Mutua Fremap”.

“Feito probado sexto: do 8 de xullo de 2014 ao 7 de xaneiro de 2015 fíxoo en Mercantabria, S.L.U., na sección de peixaría-conxelado e, en ocasións, na caixa-reposición realizando manipulación-colación e reposición da mercadoría, en concreto, da sección de peixes e mariscos. A Mutua Fraternidad asegurou neste período as continxencias profesionais. Desprendéndose do informe de vida laboral, que consta en autos, que tamén prestou servizos desde o 3 de xaneiro de 2014 ao 2 de xullo de 2014, polo que, igualmente, cambiaría o tanto por cento de responsabilidade que lle correspondería asumir a esa entidade”.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados, e se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres no sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean sendo utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Contra este auto non cabe interpoñer recurso sen prexuízo dos recursos que poidan interpoñerse fronte á resolución aclarada.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

O/a maxistrado/a xuíz/a

O/a letrado/a da Administración de xustiza».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma a Portugal Fish S.L., expido e asino a presente comunicación.

A Coruña, 27 de xuño de 2019

A letrada da Administración de xustiza