Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Mércores, 17 de xullo de 2019 Páx. 33514

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Bande

EDICTO (PO 64/2013).

Margarita Pérez Fernández, letrada da Administración de xustiza, do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución 1 de Bande, polo presente edicto,

Anuncio:

No presente procedemento ordinario seguido por instancia de Cofrivigo, S.C.G. fronte a Ana Paula Estévez Bernardo e Anselmo Estévez Márquez se ditou sentenza, cuxo encabezamento e resolución é o seguinte:

Sentenza

Bande, 2 de xuño de 2014.

María Blanca Díez Mediavilla, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución Único de Bande, examinou os autos rexistrados como xuízo ordinario número 64/2013, seguido por instancia da mercantil Cofrivigo, S.C.G., representada pola procuradora dos tribunais Mónica Quintas Rodríguez, coa asistencia letrada de Alicia Torres Castromil, en substitución de Javier Lois Bastida, contra Ana Paula Estévez Bernardo e Anselmo Estévez Márquez, en situación de rebeldía procesual.

Resolvo

Estímase a demanda formulada pola mercantil Cofrivigo, S.C.G., contra Ana Paula Estévez Bernardo e Anselmo Estévez Márquez.

Condénase a Ana Paula Estévez Bernardo e Anselmo Estévez Márquez a aboar á mercantil Cofrivigo, S.C.G., a cantidade de 63.906,71 euros.

A cantidade de 63.906,71 euros devindicará o xuro do artigo 1.108 do Código civil desde a data de presentación da demanda (2 de maio de 2013) ata a sentenza (30 de maio de 2014), ou o xuro legal do diñeiro incrementado en dous puntos, a partir dese momento.

Impóñense as custas aos demandados.

Ao notificar esta resolución ás partes, fágaselles saber que contra ela se pode interpoñer recurso de apelación dentro do prazo de vinte días contados desde o día seguinte á notificación.

E, encontrándose os ditos demandados, Ana Paula Estévez Bernardo e Anselmo Estévez Márquez, en paradoiro descoñecido, expídese a presente notificación a fin de que sirva de notificación en forma.

Bande, 10 de xuño de 2019

A letrada da Administración de xustiza