Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Mércores, 17 de xullo de 2019 Páx. 33427

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se procede a designar os membros e facer pública a composición do tribunal que elaborará, supervisará e avaliará a proba para a concesión dos premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2018/19, e se ditan instrucións para a realización da proba.

A Orde da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional do 20 de maio de 2019, pola que se convocan os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2018/19 (Diario Oficial de Galicia do 29), establece no seu artigo 12 que para elaborar, supervisar e avaliar a proba a persoa titular da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa designará un tribunal composto por un presidente ou unha presidenta, e ata un máximo de seis vogais, coa categoría de subdirector/a xeral, xefe/a de servizo ou inspectores e inspectoras de educación.

De conformidade co establecido no citado artigo 12 e na disposición derradeira primeira da citada Orde do 20 de maio de 2019 pola que se convocan os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2018/19,

RESOLVO:

Primeiro. Designar os membros do tribunal para elaborar, supervisar e avaliar a proba para a concesión dos premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2018/19 e facer pública a súa composición, que é a que figura no anexo desta resolución.

Segundo. Fixar o horario, os lugares de realización da proba e as condicións de presentación das persoas candidatas.

1. A proba celebrarase o día 5 de setembro de 2019 de acordo co seguinte horario:

– 9.15 horas, presentación das persoas candidatas.

– 10.00 a 12.00 horas, primeira parte da proba.

– 12.30 a 14.30 horas, segunda parte da proba.

2. Lugares nos que se realizará a proba.

Provincia da Coruña:

– Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) Someso, lugar Someso, nº 6, A Coruña.

Provincia de Lugo:

– IES Sanxillao, ronda das Fontiñas, nº 171, Lugo.

Provincia de Ourense:

– IES Ramón Otero Pedrayo, rúa Padre Feixoo, nº 19, Ourense.

Provincia de Pontevedra:

– IES Sánchez Cantón, avenida Raíña Victoria, Pontevedra.

Terceiro. Presentación das persoas candidatas.

a. As persoas candidatas deberán realizar a proba, con carácter xeral, na provincia a que pertenza o centro educativo no que se atope o seu expediente académico. A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa poderá autorizar cambios de sede por causas debidamente xustificadas.

b. Para a realización da proba as persoas candidatas acreditarán a súa identidade co DNI, pasaporte ou calquera outro documento recoñecido en dereito.

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2019

Manuel Corredoira López
Director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

ANEXO

Tribunal

Titulares:

Presidenta: María del Carmen Cimadevila Cea, subdirectora xeral de Inspección, Avaliación e Calidade do Sistema Educativo.

Vogais:

María Concepción Aramburu Sánchez, inspectora de educación.

Faustino Martín González, inspector de educación.

Delfín Caseiro Nogueiras, inspector de educación.

Raimundo José Naveira Zapata, inspector de educación.

Suplentes:

Presidente: Juan Durán Alonso, subdirector xeral de Aprendizaxe Permanente e Ensinanzas de Réxime Especial.

Vogais:

Marina Armada Vigo, inspectora de educación.

Íñigo Barreiro García, inspector de educación.

María del Pilar Barandela Sandianes, inspectora de educación.

María Ángeles Aramburu Núñez, inspectora de educación.