Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Martes, 16 de xullo de 2019 Páx. 33381

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 27 de xuño de 2019, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia en materia de residuos no expediente OU-RES-2019-001 e catro máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado por quen se indica no anexo.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), na sede desta xefatura territorial, sita na rúa do Paseo, nº 18, 5º andar, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Ourense, 27 de xuño de 2019

Victoria Núñez López
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Expediente

Interesado/a

Acto notificado

Acto adoptado por

OU-RES-2019-001

Mª Dolores Petrovich Costa

Resolución

Xefa territorial

OU-RES-2019-023

Ciprian Liviu Matei

Proposta

Instrutor

OU-RES-2019-045

Josue Suárez Jiménez

Acordo

Xefa territorial

OU-RES-2019-046

Laurentius Andrei Matei

Acordo

Xefa territorial

OU-RES-2019-047

Nicu Menix Matei

Acordo

Xefa territorial