Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Martes, 16 de xullo de 2019 Páx. 33380

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 20 de xuño de 2019, da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, polo que se notifica a Resolución do 28 de maio de 2019 pola que se resolve o expediente sancionador en materia de xogo P-10/18.

O día 28 de maio de 2019, o director xeral de Emerxencias e Interior adoptou unha resolución co contido que sumariamente se recolle no anexo deste anuncio. Segundo consta no expediente, intentada a práctica da notificación á persoa interesada, non foi posible realizala, polo que, en aplicación do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procede a súa notificación por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas do Servizo de Xogo da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, situado na rúa Roma, 25-27, de Santiago de Compostela (das 9.00 as 14.00 horas, de luns a venres) para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e deixar constancia de tal coñecemento.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE).

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2019

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral de Emerxencias e Interior

ANEXO

Expediente: P-10/18.

DNI/NIF imputado/a: 76900659K.

Último enderezo coñecido: O Cerquido, 4, O Porriño (Pontevedra).

Data da resolución: 28 de maio de 2019.

Tipificación e precepto infrinxido: apercibimento, artigo 54.2 do Decreto 39/2008, do 21 de febreiro.