Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Martes, 16 de xullo de 2019 Páx. 33396

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 2019, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se acorda a remisión do expediente administrativo correspondente ao recurso contencioso-administrativo procedemento ordinario 4112/2019 á Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sección Segunda).

A Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar recibiu un oficio da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sección Segunda) polo que solicita o expediente administrativo relativo ao recurso contencioso-administrativo procedemento ordinario 4112/2019, interposto pola Federación de Asociaciones de Mejilloneros Arosa y Norte e Asmecruz, Sociedad Cooperativa Gallega contra a Orde do 20 de marzo de 2019 pola que se aproba o Regulamento da denominación de orixe protexida Mexillón de Galicia-Mejillón de Galicia e o seu Consello Regulador.

En consecuencia, acórdase, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas para que poidan comparecer como parte nos autos ante a referida sala no prazo de nove (9) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2019

María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar