Non se puido levar a cabo a notificación da resolución do expediente sancionador 2018104TA-LU, incoado na Xefatura Territorial de Lugo a Ribalider, S.L., como titular do establecemento Club Kiss.
De acordo co previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese á súa notificación mediante anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE). Poderá consultar o expediente nas dependencias da Dirección Xeral de Saúde Pública, sita en San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela, onde, se é o caso, lle facilitarán impresos normalizados para o pagamento da sanción, nos prazos establecidos. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.
A resolución non esgota a vía administrativa e poderá interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Sanidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, segundo establecen os artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2019
Andrés Paz-Ares Rodríguez
Director xeral de Saúde Pública
ANEXO
Nº expediente: 2018104TA-LU.
Interesada: Ribalider, S.L. (Club Kiss).
Documento de identificación: B27289644.
Último enderezo coñecido: A Rochela, 32, A Devesa, 27797 Ribadeo.
Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.
Tipificación: grave.
Sanción imposta: 2.000,00 €.