A Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar recibiu un oficio da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sección Segunda) polo que solicita o expediente administrativo relativo ao recurso contencioso-administrativo procedemento ordinario 4110/2019, interposto pola Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas y Mariscos-Centro Técnico Nacional de Conservación de Productos de la Pesca (Anfaco-Cecopesca) contra a Orde do 20 de marzo de 2019 pola que se aproba o Regulamento da denominación de orixe protexida Mexillón de Galicia-Mejillón de Galicia e o seu Consello Regulador.
En consecuencia, acórdase, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas para que poidan comparecer como parte nos autos ante a referida sala no prazo de nove (9) días, contado desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2019
María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar