Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Martes, 16 de xullo de 2019 Páx. 33398

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 1 de xullo de 2019 pola que se notifica o acordo de incoación do expediente de reposición da legalidade urbanística derivado do expediente PON/250/2018-RP1.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o 8 de abril de 2019, incoar expediente de reposición da legalidade urbanística en relación coas obras consistentes en actividades de fabricación de formigón, recheos, depósitos, verteduras e apertura de camiño no lugar de Sequeiros, parroquia da Portela, no termo municipal de Barro, provincia de Pontevedra.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquel acordo a José Alejandro Reguera Cameselle, mediante a presente cédula, e ao abeiro do disposto no artigo artigo 44 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle ao interesado o dito acordo por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro do acordo que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcurrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

O interesado disporá dun prazo de quince (15) días hábiles para alegar e presentar os documentos e informacións que estimen pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios de que pretenda valerse.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2019

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística