Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Martes, 16 de xullo de 2019 Páx. 33384

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Ordes (expediente IN407A 2019/093-1).

Expediente: IN407A 2019/093-1.

Promotor: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación da instalación: desmantelamento da LAT 66 kV Mesón do Vento-Mesón do Vento e LAT 66 kV Reserva Mesón do Vento-R.N.E.

Concello: Ordes.

Feitos.

1. O 8 de maio de 2019, o promotor solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación de distribución eléctrica indicada.

2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 38 da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

3. Solicitouse o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectados. O promotor manifestou a súa conformidade cos condicionados establecidos.

4. Os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron informe favorable sobre a dita solicitude.

Consideracións legais e técnicas.

1. A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

2. O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

3. O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

4. O Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

5. O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

6. A Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

7. As características técnicas da instalación son as seguintes:

LAT 66 KV Mesón do Vento-Mesón do Vento:

– Desmantelamento da liña trifásica subterránea con condutor Voltalene RHV 36/66 kV 1×300 KAL+H25 (Pirelli) existente na subestación de Mesón do Vento ata o apoio 1PAS, cunha lonxitude de 0,04 km.

– Desmantelamento do circuíto Mesón do Vento-Mesón do Vento con condutor LA-180 nos vans entre o Ap.1PAS e o Ap.6-BIS, cunha lonxitude de 0,458 km, pasando o circuíto existente que non se desmantela (LAT 66 kV Mesón do Vento-Bergondo) a configuración en triángulo.

– Desmantelamento do condutor 15.82 nos vans entre o Ap.6-BIS e o pórtico da S.E. de R.N.E., nunha lonxitude de 1,766 km, así como desmontaxe dos apoios celosía nº 6, 5, 4 ,3, 2-BIS, 2, 1 e 0 e demolición das cimentacións.

LAT 66 kV Reserva Mesón do Vento-R.N.E:

– Desmantelamento do condutor Pigeon nos vans entre o pórtico da S.E. de R.N.E e o Ap.179, nunha lonxitude de 0,980 km, así como desmontaxe dos apoios celosía nº 7, 6, 5, 4, 3, 2 e 1 e demolición das cimentacións.

O orzamento da instalación, segundo o proxecto, é de 57.210,93 €.

8. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á instalación de distribución eléctrica indicada.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá presentar ante esta xefatura territorial unha solicitude coa cal achegará a seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado do director da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, nos termos establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 18 de xuño de 2019

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña