Intentadas as notificacións das resolucións ditadas polo xefe territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Ourense, polas que se acorda a procedencia de reintegro da subvención, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula e de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puideron efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e a súa eficacia quedará condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Así mesmo, fáiselles saber que a dita resolución pon fin á vía administrativa e contra ela cabe intepoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; así como, con anterioridade e con carácter potestativo, poderán interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación no BOE, ante esta xefatura territorial. Todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.
Os interesados, durante este prazo, poderán presentarse ante o Servizo de Emprego e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Ourense, situado na avenida de La Habana, nº 79, 7ª planta, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido da resolución ditada polo xefe territorial.
Advírtese aos interesados que, se non interpoñen o recurso en tempo e forma, a resolución adquirirá firmeza.
Ourense, 1 de xullo de 2019
Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense
ANEXO
Apelidos e nome |
Nº de expediente |
Notificación |
Data ac. |
Teresa del Carmen López |
TR341D 2016/2-3 |
Ac. procedencia |
10.10.2018 |
Jorge L. Puerto Bernardo |
TR341D 2016/98-3 |
Ac. procedencia |
17.10.2018 |
Sami Tijani |
TR341D 2016/106-3 |
Ac. procedencia |
17.10.2018 |
Luis A. Neila Manzanares |
TR341D 2016/132-3 |
Ac. procedencia |
17.10.2018 |
Producciones Litoria, S.L.L. |
TR349A 2012/55-3 |
Ac. procedencia |
2.12.2018 |
Veraluz Estética, S.C. |
TR349A 2012/32-3 |
Ac. procedencia |
17.12.2018 |
Iván Álvarez Caride |
TR349A 2012/50-3 |
Ac. procedencia |
17.12.2018 |
Orensafrica, S.L. |
TR349A 2012/61-3 |
Ac. procedencia |
17.12.2018 |
Lucía Armoa de Aquino |
TR349A 2012/68-3 |
Ac. procedencia |
17.12.2018 |
Eólica Gestión y Operación, S.L. |
TR349A 2012/10-3 |
Ac. procedencia |
24.11.2018 |
Mercedes Blanco Álvarez |
TR349C 2012/36-3 |
Ac. procedencia |
20.11.2018 |
Rocholl & Brais, S.L. |
TR349C 2012/73-3 |
Ac. procedencia |
24.11.2018 |
Cubiertas y Servicios Montero, S.L. |
TR349C 2012/78-3 |
Ac. procedencia |
24.11.2018 |
Night Ourense, S.L. |
TR349C 2012/80-3 |
Ac. procedencia |
24.11.2018 |
Frigasa Gayoso, S.L. |
TR349C 2012/83-3 |
Ac. procedencia |
24.11.2018 |