Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Martes, 16 de xullo de 2019 Páx. 33389

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 1 de xullo de 2019, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se fai pública unha relación de notificacións de acordos de inicio de procedementos de reintegro de varias axudas e subvencións xestionadas nesta xefatura territorial.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puideron efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e a súa eficacia quedará condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Intentouse a notificación por correo certificado aos interesados citados no anexo, sen que fose posible, polo que se lles notifica por medio deste anuncio o acordo ditado no correspondente expediente.

Sen prexuízo dun anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publicase no Diario Oficial de Galicia.

Os interesados dispoñen dun prazo de quince días, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, para realizar as alegacións e presentar a documentación que xulguen oportuna ante o órgano competente, así como para comprobar o contido íntegro do expediente nas dependencias da Xefatura Territorial de Ourense, Avda. da Habana, nº 79, 7ª planta, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres; advírtese de que, de non facelo, se terán por notificados cos efectos que correspondan.

Ourense, 1 de xullo de 2019

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Apelidos e nome

Nº de expediente

Notificación

Data ac.

Destrucciones Confidenciales Generales Vidal, S.L.

TR343A 2013/9-3

Acordo de inicio

8.4.2019

Pamper, S.C.

TR349C 2013/63-3

Acordo de inicio

15.4.2019

Pamper, S.C.

TR349C 2013/69-3

Acordo de inicio

15.4.2019

Francisco López Vázquez

TR349C 2012/128-3

Acordo de inicio

15.4.2019

Silvio Antonio Pérez González

TR349C 2013/107-3

Acordo de inicio

15.4.2019

Carpintería Uceira, S.L.

TR349C 2013/109-3

Acordo de inicio

15.4.2019

Francisco López Vázquez

TR349A 2013/134-3

Acordo de inicio

11.3.2019