Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Martes, 16 de xullo de 2019 Páx. 33391

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 2 de xullo de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, do requirimento para presentar as follas de valoración dos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación do parque eólico Carracedo (expediente LU-11/126-EOL).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante o presente anuncio notificase ás persoas interesadas o requirimento para presentar as follas de valoración dos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación do parque eólico de Carracedo, segundo se sinala no cadro anexo.

Lugo, 2 de xullo de 2019

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Expediente LU-11/126-EOL.

Denominación: parque eólico Carracedo.

Requirimento para presentar as follas de valoración dos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación.

Predio

Propietaria

Zona

Polígono

Parcela

14

Fe Muiña Fernández

12

2

151