Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 15 de xullo de 2019 Páx. 32953

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

ORDE do 25 de xuño de 2019 pola que se modifica a autorización do centro autorizado de artes plásticas e deseño Atlántico, de Vigo.

O representante da titularidade do centro autorizado de artes plásticas e deseño Atlántico, de Vigo, solicita a supresión do ciclo formativo de grao superior (CS) Xoiaría Artística.

Logo de tramitar o expediente de acordo co establecido no Decreto 253/1995, do 29 de setembro, e na Orde do 5 de decembro de 1995, que regulan o procedemento para a autorización e modificación de centros docentes privados para impartir ensinanzas artísticas, e por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Supresión de ensinanzas

Suprimir o CS Xoiaría Artística, polo que o centro queda configurado como se sinala:

Denominación xenérica: centro autorizado de artes plásticas e deseño (CE ART).

Denominación específica: Atlántico.

Código: 36024537.

Enderezo: avda. da Ponte, 9.

Localidade: Cabral (Santa Mariña).

Concello: 36215 Vigo.

Provincia: Pontevedra.

Titular: Escuela de Formación del Atlántico, S.L.

Composición resultante:

1 ciclo formativo de grao medio (CM) Procedementos de Xoiaría Artística (2 unidades para 20 alumnos/as unidade).

Artigo 2. Inscrición no rexistro de centros

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 3. Modificación da autorización

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición, ante esta consellería, no prazo de un mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2019

Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional