Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 15 de xullo de 2019 Páx. 32946

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

DECRETO 82/2019, do 27 de xuño, polo que se aproba o cambio de titularidade a prol da Xunta de Galicia de varios treitos da estrada provincial DP-7310.

A teor do previsto no artigo 9.4 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, os cambios de titularidade das estradas ou treitos delas, cando non se trate de travesías urbanas ou treitos delas que estean incluídos no inventario de travesías da súa administración titular, deberán ser aprobados por decreto da Xunta de Galicia, por proposta da consellaría competente en materia de estradas e logo do acordo entre as administracións afectadas.

Por outra parte, a citada Lei de estradas dispón no artigo 9.7 que os cambios de titularidade poderán abranguer estradas, treitos delas, elementos funcionais e/ou espazos da zona de dominio público adxacente.

No ano 1994 iniciouse a construción da estrada autonómica VRG-1.1, actualmente AG-11 Autovía do Barbanza. No ano 1996 realizáronse obras de acondicionamento nuns treitos da estrada provincial DP-7310, dándolle continuidade a estes treitos a través dunhas variantes de novo trazado, e, resultando de todo isto un ramal de conexión entre a estrada AC-305 e o enlace de Palmeira da AG-11. Neste ramal de conexión conviven treitos de titularidade provincial e treitos de titularidade autonómica sen que exista delimitación física evidente para os usuarios do ramal. Esta descontinuidade xerada pola alternancia de titularidade dificulta a correcta conservación e explotación do ramal.

Os treitos da estrada provincial DP-7310 a transferir a prol da Xunta de Galicia son os que se definen no artigo 1.

A Deputación Provincial da Coruña, o 25 de xaneiro de 2019, dá a súa conformidade ao cambio de titularidade proposto.

De conformidade co anteriormente exposto, por proposta da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e sete de xuño de dous mil dezanove,

DISPOÑO:

Artigo 1

Aprobar o cambio de titularidade a prol da Xunta de Galicia dos seguintes treitos da estrada DP-7310:

• Treito 1. De 427 m de lonxitude con inicio nas coordenadas UTM ETRS 89 fuso 29: X = 501.668 / Y = 4.713.737 e final nas coordenadas UTM ETRS 89 fuso 29: X = 501.551/Y = 4.714.137.

• Treito 2. De 326 m de lonxitude con inicio nas coordenadas UTM ETRS 89 fuso 29:  X = 501.464/Y = 4.714.414 e final nas coordenadas UTM ETRS 89 fuso 29:  X = 501.362/Y = 4.714.718.

• Treito 3. De 298 m de lonxitude con inicio nas coordenadas UTM ETRS 89 fuso 29:  X = 501.362/Y = 4.714.718 e final nas coordenadas UTM ETRS 89 fuso 29:  X = 501.321/Y = 4.715.004.

Artigo 2

Consonte cos puntos 4 e 6 do artigo 10 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, a Xunta de Galicia deberá modificar o seu catálogo de estradas para incluír o cambio de titularidade a que se refire o presente decreto.

Artigo 3

De acordo co establecido no artigo 9.6 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o cambio de titularidade será efectivo o día seguinte ao da publicación deste decreto no Diario Oficial de Galicia. A entrega dos bens formalizarase no prazo dos dous meses seguintes a esta publicación mediante a sinatura da correspondente acta de entrega entre Xunta e deputación.

Artigo 4

Correspóndelle á Xunta de Galicia, a partir da formalización da entrega, todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación das vías, así como o exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra que puidese corresponderlle como nova Administración titular das estradas.

Disposición derradeira

O presente decreto producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte e sete de xuño de dous mil dezanove

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Ethel Mª Vázquez Mourelle
Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade