Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 15 de xullo de 2019 Páx. 33000

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 57/2019).

ETX. Execución de títulos xudiciais 57/2019

Procedemento de orixe: procedemento ordinario 439/2016

Sobre ordinario

Demandante: Plácido Rodríguez Tomé, Juan Antonio Martínez Santamaría

Procuradora: Delfina Pariente Pouso

Demandados: Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), Talleres Maneiro, S.L.

Avogado/a: letrado/a de Fogasa

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 57/2019 e acumulada deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Antonio Martínez Santana e Plácido Rodríguez Tomé contra a empresa Talleres Maneiro, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou o Decreto do 25 de xuño de 2019 cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Parte dispositiva.

Acordo:

a) Declarar a executada, Talleres Maneiro, S.L., en situación de insolvencia total por importe de 23.457,78 euros de principal (a Juan Antonio Martínez Santamaría 21.382,20 euros e a Plácido Rodríguez Tomé 2.075,58 euros) máis 2.981,46 euros en concepto de xuros de mora a Juan Antonio Martínez Santamaría, máis 2.643,92 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se no sucesivo se coñecen novos bens dos executados.

c) Inscribilo no rexistro correspondente.

d) Levar o orixinal ao libro de decretos e deixar testemuño nestas actuacións.

Notifíqueselles ás partes e a Talleres Maneiro, S.L., por medio de edictos no Diario Oficial de Galicia, e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei reguladora da xurisdición social (LXS), no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Contra esta resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpor ante este órgano xudicial no prazo de tres días hábiles. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para interpor recurso, na conta de consignacións do Xulgado do Social número 3 aberta en Banco de Santander, conta número 5076 0000 64 0057 19. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberase ingresar na conta número 000493569920005001274 e no campo “Concepto” deberá indicar o número de conta 5076 0000 64 0057 19. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, e indicar no campo “Observacións“ a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acordo, mando e asino. Dou fe.

A letrada da Administración de xustiza».

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

Para que sirva de notificación a Talleres Maneiro, S.L., expido este edicto.

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2019

A letrada da Administración de xustiza