Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 15 de xullo de 2019 Páx. 33002

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 1 de xullo de 2019, da Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos, polo que se lle notifica á persoa interesada o requirimento de acreditación da vixencia da póliza de responsabilidade civil profesional contratada, coa finalidade de comprobar o cumprimento do requisito exixido no artigo 27.1.e) da Lei 26/2006, de mediación de seguros e reaseguros privados.

Logo de intentada a notificación do acto que se indica no anexo, a través do servizo de Correos no domicilio que consta no correspondente expediente, esta non se puido efectuar. Por este motivo, e de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícase á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio o requirimento de documentación xustificativa.

A persoa interesada poderá coñecer o texto íntegro do requirimento nas oficinas da Subdirección Xeral de Entidades Financeiras e Corporacións Locais, situada no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Así mesmo, tamén se lle comunica á persoa interesada que, de conformidade co disposto no artigo 53.1.b) da Lei 26/2006, de mediación de seguros e reaseguros privados, e no artigo 12 da Orde da Consellería de Economía e Facenda de 17 de marzo de 2009, a falta de presentación da documentación requirida no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación desta notificación no BOE, comportará o inicio dun procedemento administrativo de cancelación da súa inscrición no Rexistro Administrativo Especial de Mediadores de Seguros, Corredores de Reaseguros e dos seus Altos Cargos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2019

David Cabañó Fernández
Director xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos

ANEXO

Interesado: 76818677B.

Data do requirimento: 9.5.2019.

Acto notificado: requirimento de acreditación da vixencia da póliza de responsabilidade civil profesional contratada, coa finalidade de comprobar o cumprimento do requisito exixido no artigo 27.1.e) da Lei 26/2006, de mediación de seguros e reaseguros privados.