Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Venres, 12 de xullo de 2019 Páx. 32912

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 24 de xuño de 2019 pola que se notifica a imposición dunha multa coercitiva (expediente PON/130/2015).

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 1 de abril de 2019 unha resolución pola que se lle impón unha primeira multa coercitiva (PON/130/2015-A1) derivada do expediente de reposición da legalidade urbanística número PON/130/2015 a María Mercedes Pacheco Paz como consecuencia de incumprir o ordenado na Resolución do 8 de abril de 2016, que ordenaba a demolición dunha edificación de planta semisoto e planta baixa destinada a usos residenciais, cunha superficie total construída de 496 m2, na parcela con referencia catastral 36061A023006110000LY, no lugar de Rosa Grande, no termo municipal de Vilanova de Arousa, provincia de Pontevedra.

Ao non poder realizar a notificación persoal daquela resolución, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase á interesada a devandita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

En cumprimento, do artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a interesada poderá comparecer, no prazo de dez (10) dias hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanistica sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da dita resolución e constancia del tal coñecemento. Transcorrido o devandito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, que pon fin á via administrativa, a interesada poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel no que se producise a notificación, perante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística. O recurso unicamente será admisible por motivos de infracción do ordenamento inherentes á imposición desta multa coercitiva, e será motivo de inadmisión a reiteración das mesmas razóns que se esgrimiron ou puideron esgrimirse fronte á resolución da que este acordo é un mero acto de execución.

En caso de que non exerza o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso administrativo, no prazo de dous meses, perante o xulgado do contencioso administrativo en cuxa circunscrición se sitúe o inmoble afectado, conforme ao disposto no artigo 14.1 regra terceira da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste, e que sirva de notificación á citada interesada en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 24 de xuño de 2019

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística