Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Venres, 12 de xullo de 2019 Páx. 32914

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 28 de xuño de 2019 polo que se notifica o acordo de incoación do expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/20/2017-RP1.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o 15 de maio de 2019, incoar expediente de reposición da legalidade urbanística en relación coas obras realizadas en solo rústico, consistentes na construción dunha edificación de planta baixa coas características propias dun uso residencial, sen vinculación a unha explotación agrícola ou gandeira, así como na execución doutra construción de planta baixa auxiliar deste uso residencial, con tipoloxía de nave, situadas no lugar dos Salgueiros, parroquia de Duarría, no termo municipal de Castro de Rei, provincia de Lugo.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquel acordo a María José Esteves dos Santos, mediante o presente anuncio, e ao amparo do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase á interesada o devandito acordo mediante un anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícase á interesada que o texto íntegro do acordo que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio. Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia a notificación entenderase producida.

A interesada dispón dun prazo de 15 días, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación deste anuncio, para presentar os documentos e xustificacións que considere pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios dos que pretenda valerse.

Para que conste, e sirva de notificación á citada interesada en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2019

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística