Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Xoves, 11 de xullo de 2019 Páx. 32739

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 753/2019 CG).

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso suplicación 753/2019 seguido por instancia de Condado de Zeus, S.L. contra Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Yarisa Candelario Eduardo, Yesenia Nicasio Villar, Patricia Ferreira da Mata, sobre outros dereitos laborais, se ditou a seguinte resolución:

«Resolvemos:

Que estimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual da empresa Condado de Zeus, S.L. contra a sentenza do 31 de outubro de 2018, ditada polo Xulgado do Social número 4 de Ourense, en demanda de oficio promovida pola TXSS fronte á recorrente, debemos revogar e revogamos a dita resolución e, con desestimación da demanda reitora do debate, absolvemos a empresa demandada de canto nela se postula.

Notifíquese a presente resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de xustiza de Galicia.

Modo de impugnación. Fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta Sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data da notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++)».

E para que sirva de notificación en legal forma a Yarisa Candelario Eduardo, Yesenia Nicasio Villar, Patricia Ferreira da Mata, actualmente en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 12 de xuño de 2019

A letrada da Administración de xustiza