Neste órgano xudicial a procuradora Ana María Tejelo Núñez interpuxo o recurso contencioso-administrativo 4101/2019 contra a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, sobre a Orde do 11 de outubro de 2018 de aprobación definitiva do Plan xeral de ordenación municipal de Caldas de Reis.
Polo que, en cumprimento da dilixencia de ordenación do 20 de xuño de 2019 e do establecido no artigo 47.2 da Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (LXCA), se concede un prazo de quince (15) días para a comparecencia daqueles que teñan interese lexítimo en soster a conformidade a dereito da disposición, acto ou conduta impugnados.
A Coruña, 20 de xuño de 2019
José Miguel Formoso Sobrado
Letrado da Administración de xustiza