Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Xoves, 11 de xullo de 2019 Páx. 32752

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Corcubión

EDICTO (PO 278/2015).

Eu, Aarón González Pérez, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Corcubión, polo presente anuncio:

No presente procedemento seguido por instancia de Asemas Mutua de Seguros a Prima Fija fronte a Antoca, S.L. ditouse sentenza, cuxo tenor literal é o seguinte:

«Sentenza.

Corcubión, 1 de setembro de 2017.

Vistos por María Purificación Prieto Picos, xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Corcubión os autos de xuízo ordinario 278/2015, iniciado por instancia da entidade Asemas Mutua de Seguros a Prima Fija, representada polo procurador Fernando Leis Espasandín e asistida pola letrada Delia Baptista de Sousa Vieites, contra a entidade mercantil Antoca, S.L., en situación de rebeldía procesual, sobre reclamación de cantidade.

Resolución.

Admito substancialmente a demanda formulada pola entidade Asemas Mutua de Seguros a Prima Fija, representada polo procurador Fernando Leis Espasandín e asistida pola letrada Delia Baptista de Sousa Vieites, contra a entidade mercantil Antoca, S.L. En consecuencia, a entidade Antoca, S.L. deberá aboar á demandante a cantidade de 85.035,59 euros (4.500 máis 80.535,59). Esta cantidade deberá incrementarse cos xuros legais devindicados desde o 22 de decembro de 2011 respecto do importe de 4.500 euros e desde o 18 de setembro de 2013 respecto do importe de 80.535,59 euros, quedando pendente a súa liquidación en execución de sentenza; así mesmo, a demandada deberá aboar os xuros previstos nos fundamentos de dereito cuarto e quinto desta resolución.

Todo iso con imposición das custas á parte demandada.

Notifíquese esta sentenza ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe recurso de apelación ante a Audiencia Provincial da Coruña, que poderán presentar por escrito ante este xulgado no prazo de vinte días contados desde o seguinte ao da súa notificación, advertíndolles que para iso deberán constituír o depósito requirido pola disposición adicional décimo quinta da LOPX.

Están exentos de constituír este depósito os incluídos no número 5 da citada disposición e os que teñan recoñecido o dereito á asistencia xurídica gratuíta.

Así o acordo, mando e asino».

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada no día da data en audiencia pública pola xuíz que a ditou do que eu, secretaria, dou fe.

E encontrándose a devandita parte demandada, Antoca, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Corcubión, 9 de abril de 2019

O letrado da Administración de xustiza