Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Xoves, 11 de xullo de 2019 Páx. 32750

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (DSP 171/2019).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 171/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Vanesa Pérez López contra Aurora Malvarez Catering, S.L.U., Hola Chicos, S.L. e o Fogasa, sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución:

«Acordo: apróbase a conciliación alcanzada entre as partes, nos termos expresados na comparecencia previa a esta resolución.

Tense por desistida Vanesa Pérez López da súa demanda fronte a Hola Chicos, S.L.

Arquívense as actuacións.

Notifíquese a presente resolución, facendo saber ás partes que a acción para impugnar a validez da conciliación se exercerá ante este mesmo órgano, polos trámites e cos recursos establecidos na LXS. A acción caducará aos trinta días da data da súa celebración. Para os terceiros prexudicados o prazo contará desde que puidesen coñecer o acordo. As partes poderán exercer a acción de nulidade polas causas que invalidan os contratos e a impugnación polos posibles terceiros prexudicados poderá fundamentarse en ilegalidade ou lesividade.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición que se interpoñerá ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Hola Chicos, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no boletín oficial correspondente.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2019

A letrada da Administración de xustiza