Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Martes, 9 de xullo de 2019 Páx. 32367

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 2019 pola que se fan modificacións na Resolución do 26 de abril de 2019 (Diario Oficial de Galicia do 13 de maio) pola que se nomea o tribunal cualificador das probas selectivas para o ingreso na escala técnica superior de administración, subgrupo A1, pola quenda de promoción interna.

Con data do 13 de maio de 2019, publícase no Diario Oficial de Galicia a resolución pola cal se nomea o tribunal cualificador das probas selectivas para o acceso á escala técnica superior de administración, subgrupo A1, convocadas mediante a Resolución do 29 de novembro de 2018.

Con posterioridade, producíronse circunstancias que afectan nomeamentos do tribunal, á vista das que o reitor resolve efectuar as seguintes modificacións:

Primeiro. Nomear a Isabel Espín Alba, profesora titular de universidade da USC, vogal suplente en substitución de María Belén Trigo García.

Segundo. Indicar a escala a que pertencen os seguintes membros do tribunal que foron nomeados/as mediante a Resolución do 26 de abril de 2019:

– María Pilar Martínez García, funcionaria de carreira da escala técnica superior de administración.

– Carlos Alberto Gómez Otero, funcionario de carreira da escala técnica superior de administración.

– Maruxa Casal Reyes, funcionaria de carreira da escala técnica superior de administración.

– Xosé Antón Freire Ramos, funcionario de carreira da escala técnica superior de administración.

– Elsa María Mosquera Barcia, funcionaria de carreira da escala técnica superior de administración.

– Nieves Rodríguez Díez, funcionaria de carreira da escala facultativa de arquivos e bibliotecas, especialidade bibliotecas.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor un recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, perante o órgano que a ditou. Neste caso, non se poderá interpor o dito recurso contencioso-administrativo mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro do artigo 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2019

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela