Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Martes, 9 de xullo de 2019 Páx. 32369

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 2019 pola que se emprazan as partes interesadas no procedemento ordinario 153/2019 interposto por Ana Belén Méndez Fernández.

No Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Contencioso-Administrativo, tramítase o procedemento ordinario 153/2019 interposto por Ana Belén Méndez Fernández contra as normas de elaboración do plan de organización docente - POD para o curso 2019/20, aprobadas en Consello de Goberno da Universidade de Vigo que tivo lugar o 20 de marzo de 2019.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado no prazo de nove días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 27 de xuño de 2019

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo