Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Martes, 9 de xullo de 2019 Páx. 32287

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

ORDE do 28 de xuño de 2019 pola que se amplía o crédito da Orde do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020, e se convocan as correspondentes ao ano 2019.

Mediante a Orde do 21 de decembro de 2018 (DOG núm. 22, do 31 de xaneiro de 2019) establecéronse as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP) aprobadas pola Consellería do Mar aos grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020. A dita orde, tramitada como expediente anticipado de gasto, derrogou a anterior Orde do 24 de maio de 2016 sobre a mesma materia e convocou as axudas correspondentes á convocatoria de 2019.

No artigo 16.5 da arriba citada Orde de bases do 21 de decembro de 2018 establécese que «Os importes consignados en cada convocatoria poderán ser ampliados en función das dispoñibilidades orzamentarias, sen que isto dea lugar á apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes, salvo indicación expresa en contrario na orde que se publique para o efecto».

Dado que unha vez cerrado o exercicio 2018 e aprobados os orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2019 existen dispoñibilidades de crédito derivadas da incorporación de remanentes no proxecto orzamentario 2016 00294, desenvolvemento sustentable das zonas de pesca, destinado a financiar as presentes axudas, considérase conveniente ampliar o importe do crédito inicial para os denominados proxectos non produtivos e acadar así un uso máis eficiente dos fondos públicos mediante un maior grao de execución orzamentaria.

Por todo isto, e facendo uso das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora das normas da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo único. Ampliación de crédito

1. Amplíase o crédito máximo destinado a financiar as subvencións que se concedan a proxectos non produtivos, con cargo á aplicación 15.03.723C.780.0, na anualidade corrente da convocatoria do ano 2019 das axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020, nun importe de 734.245,00 €.

2. Amplíase o crédito máximo destinado a financiar as subvencións que se concedan a proxectos non produtivos na anualidade 2020, con cargo á aplicación 15.03.723C.780.0, das axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP) aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca, no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020, nun importe de 500.000,00 €.

3. O novo importe total máximo, sumando o importe inicial xa publicado e a presente ampliación, é o fixado no cadro seguinte:

Aplicación

2019

2020

2021

Total

15.03.723C.770.0

7.174.294,00 €

5.678.926,00 €

5.788.450,00 €

18.641.670,00 €

15.03.723C.780.0

1.564.427,00 €

810.552,00 €

2.856.541,00 €

5.231.520,00 €

Total

8.738.721,00 €

6.489.478,00 €

8.644.991,00 €

23.873.190,00 €

Disposición derradeira única

Esta orde producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2019

Rosa Quintana Carballo
Conselleira do Mar