Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Martes, 9 de xullo de 2019 Páx. 32314

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 1 de xullo de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, de levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica no concello de Vimianzo (expediente IN408A 2018/15-1).

Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada liña de alta tensión 66 kV Miñón, no concello de Vimianzo (expediente IN408A 2018/15-1), mediante a Resolución da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Coruña, do 17 de xuño de 2019, a favor da entidade beneficiaria Greenalia Wind Power Miñón, S.L.U., con enderezo na praza de María Pita, 10-1º, 15001 A Coruña.

Esta xefatura territorial, de conformidade co artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 do seu regulamento, do 26 de abril de 1957, acorda sinalar o día 29 de agosto de 2019 para o levantamento das actas previas á ocupación, nas cales se describirán os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica, contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución no taboleiro de edictos do Concello de Vimianzo, deducida da que se someteu a información pública no DOG do 18 de outubro de 2018, no xornal La Voz de Galicia da mesma data, así como no taboleiro de anuncios do Concello de Vimianzo, acto ao cal deberán concorrer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios propostos como afectados, ás cales se lles efectuará notificación individual e se lles sinalarán os horarios de toma de datos sobre o terreo e do levantamento efectivo das actas nas oficinas da casa do concello.

Cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, dirixiranse ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destas, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa. Neste caso, igualmente, publicarase un anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 1 de xullo de 2019

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña