Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Martes, 9 de xullo de 2019 Páx. 32313

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 12 de xuño de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude para ampliación da autorización de aproveitamento de recursos da sección A) Piedras Alvarellos número 165, situada no termo municipal de Cabana de Bergantiños.

En cumprimento do disposto no artigo 23.4 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia, sométese ao trámite de información pública o proxecto de explotación, estudo de impacto ambiental e restauración para ampliación da canteira Piedras Alvarellos, número 165, situada no termo municipal de Cabana de Bergantiños (A Coruña) e promovido por Miguel Ángel Alvarellos Eiroa.

O que se fai público facendo constar que, durante o prazo de trinta días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, a documentación está dispoñible ao público, para a súa consulta, na Sección de Minas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria na Coruña e no portal da Consellería de Economía, Emprego e Industria (http://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/explotacions-mineiras). As posibles alegacións presentaranse durante o prazo sinalado, dirixidas ao xefe territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria na Coruña, en calquera das oficinas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Coruña, 12 de xuño de 2019

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña