Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 8 de xullo de 2019 Páx. 32171

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense

EDICTO (1497/2018).

Raquel Blanco Pérez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense, fai saber:

Como consecuencia do ignorado paradoiro da parte demandada José Luis Martínez Sardo.

Cédula de notificación.

No presente procedemento ditouse sentenza cuxo encabezamento e resolución teñen o seguinte tenor literal:

Sentenza número 683/2019.

Xuíz que a dita: maxistrada xuíza Guede Gallego.

Lugar: Ourense.

Data: 6 de xuño de 2019.

Sentenza de divorcio.

Vistos os presentes autos número 1497/2818 sobre divorcio, promovidos pola procuradora Sra. Cadaveira, en nome e representación de Sugey Patricia Prado Torres, como demandante, asistida polo letrado Sr. Somoza, fronte a José Luis Martínez Sardo, declarado en rebeldía.

Resolución.

Acordo a disolución do matrimonio formado por Sugey Patricia Prado Torres e José Luis Martínez Sardo, con todos os efectos legais inherentes á devandita disolución.

Non se impoñen as custas do presente procedemento a ningunha das partes.

Esta sentenza non é firme. Conforme o disposto no artigo 208.4 da LAC, indícase que contra a presente resolución cabe interpoñer, no prazo de 20 días, recurso de apelación (artigo 457 e ss. LAC) ante este tribunal, para o cal se deberá constituír o depósito legalmente establecido.

E unha vez que sexa firme esta resolución, comuníquese de oficio para a súa anotación no Rexistro Civil onde figura a inscrición do matrimonio cuxa disolución se declara.

Así o acorda, manda e asina S.Sª. Dou fe».

En virtude do acordado nos autos de referencia, e de conformidade co disposto nos artigos 156.4, 164 e 497.2 da LAC, expídese o presente edicto para que sirva de notificación en legal forma ao demandado, José Luis Martínez Sardo.

Ourense, 7 de xuño de 2019

A letrada da Administración de xustiza