Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 2 de xullo de 2019 Páx. 31180

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 18 de xuño de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a autorización administrativa previa e de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, para os efectos de urxente ocupación, da instalación eléctrica LMT, CT e RBT Os Queimós, no concello de Guitiriz (expediente 01/2018 AT).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante este anuncio notifícase a autorización administrativa previa e de construción, e a declaración de utilidade pública da instalación eléctrica LMT, CT e RBT Os Queimós, no concello de Guitiriz, aos titulares propostos dos predios que se detallan no cadro anexo.

Lugo, 18 de xuño de 2019

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: IN407A 1/2018 AT.

Entidade beneficiaria: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación da instalación: liña de media tensión, centro de transformación e rede de baixa tensión Os Queimós.

Concello: Guitiriz.

Predio

Polígono

Parcela

Titular proposto

6

109

33

Raúl Acción Méndez

15

110

201

Raúl Acción Méndez

21

110

173

Raúl Acción Méndez

25

110

170

Raúl Acción Méndez

30

110

163

Raúl Acción Méndez