Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 2 de xullo de 2019 Páx. 31181

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 18 de xuño de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a afección de un predio por unha instalación eléctrica prevista nos termos municipais de Vigo e Gondomar, na provincia de Pontevedra.

De conformidade co disposto no artigo 44 de la Ley 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non puidesen practicarse faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), cuxa eficacia queda supeditada á publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior e sendo descoñecido o propietario do predio que se sinala no anexo, a continuación publícase o presente anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no artigo 44 da Ley 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Infórmase aos interesados que o expediente correspondente á instalación eléctrica (expediente IN407A 2019/29-4) se atopa á súa disposición durante un prazo de 20 días nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Pontevedra, avenida María Victoria Moreno, nº 43, 5º andar (Servizo de Enerxía e Minas), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Pontevedra, 18 de xuño de 2019

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Lugar

Referencia catastral

Concello

Cacheiro

54021A007005210000KU

Vigo e Gondomar