Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 2 de xullo de 2019 Páx. 31178

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 17 de xuño de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, de notificación de información pública do expediente IN407A 2019/65-1 do concello de Fene.

Exptediente: IN407A 2019/65-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: recuamento da LMTA. DC. CRN716A/ASN703-Apoio núm. D24.

Concello: Fene.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles aos interesados descoñecidos, das cales se ignore o lugar de notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, que se sinalan no anexo deste anuncio o Acordo do 2 de maio de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, do expediente indicado, publicado no Diario Oficial de Galicia núm. 92, do 15 de maio de 2019 e no Boletín Oficial da provincia núm. 87, do 9 de maio.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado, polo que os interesados poderán examinar o expediente e presentar alegacións no Servizo de Enerxía e Minas na Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Sen prexuízo do anterior este anuncio publícase tamén no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 17 de xuño de 2019

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Número de finca: 2.

Propietario: descoñecido.