Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Luns, 1 de xullo de 2019 Páx. 30908

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Segunda)

EDICTO (PO 4099/2019).

Neste órgano xudicial interpúxose recurso contencioso-administrativo, que se tramita como procedemento ordinario PO 4099/2019, por instancia da procuradora María Amparo Acebedo Conde, en nome e representación de ACP, contra a Resolución do 22 de febreiro de 2019, da Axencia Galega de Infraestruturas (ditada por delegación da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia), pola cal se aproba o expediente de información pública e definitivamente o proxecto de construción de itinerario peonil e ciclista na vía AC-116, treito AC-114-Meirás.

Polo que, en cumprimento da dilixencia de ordenación do 23 de maio de 2019 e do establecido no artigo 47.2 da Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (LXCA), se concede un prazo de quince días para a comparecencia daqueles que teñan interese lexítimo en soster a conformidade a dereito da disposición, acto ou conduta impugnados.

A Coruña, 11 de xuño de 2019

José Miguel Formoso Sobrado
Letrado da Administración de xustiza