Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Luns, 1 de xullo de 2019 Páx. 30907

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Segunda)

EDICTO (PO 4086/2019).

Neste órgano xudicial interpúxose recurso contencioso-administrativo, que se tramita como procedemento ordinario PO 4086/2019, por instancia do procurador Óscar Pérez Goris, en nome e representación de Cruceros Rías Bajas, S.L., contra a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, sobre o Decreto 177/2018, do 27 de decembro, polo que se aproba o Plan reitor de uso e xestión do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.

Polo que, en cumprimento da dilixencia de ordenación do 10 do actual e do establecido no artigo 47.2 da Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (LXCA), se concede un prazo de quince días para a comparecencia daqueles que teñan interese lexítimo en soster a conformidade a dereito da disposición impugnada.

A Coruña, 11 de xuño de 2019

José Miguel Formoso Sobrado
Letrado da Administración de xustiza