Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Venres, 28 de xuño de 2019 Páx. 30693

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 2019 pola que se conceden as axudas da primeira edición do programa Industrias do futuro 4.0 (terceira convocatoria), orientado a proxectos de investigación industrial, desenvolvemento experimental e innovación centrados en tecnoloxías industriais innovadoras dentro da iniciativa Industrias 4.0-captación de investimentos, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se abre o prazo de presentación de solicitudes para a segunda edición.

A Resolución do 28 de decembro de 2018, da Axencia Galega de Innovación, estableceu as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o programa Industrias do futuro 4.0 (terceira convocatoria), orientado a proxectos de investigación industrial, desenvolvemento experimental e innovación centrados en tecnoloxías industriais innovadoras dentro da iniciativa Industrias 4.0-captación de investimentos, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e procedeu á súa convocatoria para o ano 2019 (código do proxecto IN854A) (Diario Oficial de Galicia núm. 28, do 8 de febreiro de 2019).

Esta convocatoria prevé no seu artigo 7 dous períodos de presentación de solicitudes. A primeira edición é para as solicitudes presentadas ata o 8 de marzo de 2019.

O artigo 4 desta resolución de convocatoria establece os requisitos que deben cumprir as entidades beneficiarias para poder optar ás axudas.

Unha vez revisada a documentación inicial dos expedientes xunto coa documentación achegada tras os requirimentos oportunos, o órgano instrutor formulou proposta de resolución de inadmisión dunha solicitude que non cumpría coas exixencias contidas na convocatoria, nas bases reguladoras ou na normativa de subvencións, conforme o establecido no artigo 32.5 das bases reguladoras.

As solicitudes que resultaron admitidas foron obxecto do proceso de avaliación segundo os criterios de valoración establecidos no artigo 34 das bases reguladoras.

A Comisión de Selección prevista no artigo 33 das bases reguladoras reuniuse o día 3 de xuño de 2019 e elaborou unha relación por orde decrecente de puntuación das solicitudes que cumpren as condicións administrativas e técnicas para adquirir a condición de beneficiario, así como os seus custos subvencionables.

O crédito dispoñible para esta edición é o 50 % do orzamento da convocatoria, segundo o establecido no artigo 8.2 desta, e non resulta suficiente para financiar os proxectos seleccionados que superan a puntuación mínima de 60 puntos.

Unha vez realizada a instrución do procedemento e á vista do informe emitido pola Comisión de Selección e a proposta do órgano instrutor para a primeira edición, de acordo co disposto nos artigos 32 e 37 das bases reguladoras,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder as axudas, respectando a intensidade máxima prevista no artigo 9 das bases reguladoras, ás entidades seleccionadas que figuran no anexo I desta resolución, por orde decrecente de puntuación.

Segundo. Denegar as solicitudes que acadaron unha valoración inferior a 60,80 puntos, por non dispoñer de crédito suficiente para o seu financiamento. Estas solicitudes relaciónanse no anexo II.

Terceiro. Desestimar as solicitudes que unha vez avaliadas non acadaron os 60 puntos de valoración que esixe o artigo 35.2 da convocatoria. Estas solicitudes recóllense no anexo III.

Cuarto. Publicar como anexo IV a relación de solicitudes que foron inadmitidas por non cumprir os requisitos da convocatoria.

Quinto. Abrir o prazo de presentación de solicitudes para a segunda edición desta convocatoria, desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG ata o 31 de xullo de 2019, de conformidade co disposto no artigo 7 das bases reguladoras.

As axudas propostas imputaranse ás aplicacións orzamentarias 09.A3.561A.770.00 e 09.A3.561A.781.0, segundo a natureza da entidade beneficiaria, nas cales existe crédito adecuado e suficiente nos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2019.

Estas axudas están cofinanciadas no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, eixe 1: potenciar a investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación, prioridade de investimento 1.2: o fomento do investimento empresarial en I+i, o desenvolvemento de vínculos e sinerxías entre as empresas, os centros de investigación e desenvolvemento e o sector do ensino superior, en particular mediante o fomento do investimento no desenvolvemento de produtos e servizos, a transferencia de tecnoloxía, a innovación social, a innovación ecolóxica, as aplicacións de servizo público, o estímulo da demanda, a interconexión en rede, as agrupacións e a innovación aberta a través dunha especialización intelixente e mediante o apoio á investigación tecnolóxica e aplicada, liñas piloto, accións de validación precoz dos produtos, capacidades de fabricación avanzada e primeira produción, en particular, en tecnoloxías facilitadoras esenciais e difusión de tecnoloxías polivalentes, obxectivo específico: 1.2.1 Impulso e promoción de actividades de I+i lideradas por empresas, apoio á creación e consolidación de empresas innovadoras e apoio á compra pública innovadora, e actuación CPSO 1.2.1.6 Proxectos de investigación, desenvolvemento e innovación centrados en tecnoloxías industriais innovadoras no marco da atracción do investimento privado para a posta en valor da I+D+i en Galicia.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderán os interesados interpoñer recurso de alzada perante o presidente da Axencia Galega de Innovación no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2019

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación

ANEXO I

Solicitudes concedidas

Exp.

Título
do proxecto

Acrónimo do proxecto

Nota

NIF

Empresa
solicitante

Líder

Orzamento
subvencionable
(€)

%

Subvención (€)

2019
(€)

2020
(€)

2021
(€)

2022
(€)

IN854A 2019/06

Desenvolvemento de tecnoloxías 4.0 para asteleiro do futuro de Navantia

F4ST

82

A84076397

Navantia, S.A. S.M.E.

S

9.932.671,54

25

2.483.167,89

124.158,39

546.165,21

1.193.591,40

619.252,89

IN854A 2019/08

Tecnoloxías 4.0 para a fabricación eficiente

efiFACTORY

75

2.503.873,55

1.108.620,33

409.943,67

426.550,28

272.126,38

0,00

Participantes

B61507133

BorgWarner Emissions Systems Spain, S.L.

S

2.075.589,92

40

830.235,97

348.699,11

317.980,38

163.556,48

0,00

G36871424

Fundación CTAG

N

428.283,63

65

278.384,36

61.244,56

108.569,90

108.569,90

0,00

IN854A 2019/04

Desenvolvemento da Factoría Intelixente de Benteler Automotive Vigo

Fiber 4.0

69

B50846807

Benteler Automotive Vigo, S.L.

S

3.602.286,38

25

900.571,60

548.787,40

314.659,72

37.124,48

0,00

IN854A 2019/02

Albo 4.0 Tecnoloxías dixitais para a industria conserveira do futuro

Albo 4.0

67

B27737022

Hijos de Carlos Albo, S.L.U.

S

2.472.007,34

25

618.001,84

105.060,31

302.820,90

160.680,48

49.440,15

IN854A 2019/07

Collaborative Layer for Automation and Development of Industrial Innovative Approache

Claudiia

60,8

3.875.536,06

1.286.431,84

90.050,23

544.803,89

471.477,26

180.100,46

Participantes

A15064546

Gallega de Mecanizados Electrónicos, S.A.

S

1.269.972,23

33,1936

421.550,13

29.508,51

178.526,48

154.498,12

59.017,02

A15025422

Gallega de Informática, S.A.

N

889.304,40

33,1936

295.192,58

20.663,48

125.014,06

108.188,08

41.326,96

G36871424

Fundación CTAG

N

748.328,94

33,1936

248.397,68

17.387,84

105.196,42

91.037,74

34.775,68

B70035019

Arantia 2010, S.L.U.

N

967.930,49

33,1936

321.291,45

22.490,40

136.066,93

117.753,32

44.980,80

ANEXO II

Solicitudes denegadas

Expediente

Título
do proxecto

Acrónimo
do proxecto

Nota

NIF

Empresa
solicitante

Líder

Orzamento
subvencionable
(€)

%

Proposta
de subvención
(€)

IN854A 2019/01

Investigación industrial produción 4.0 de imaxes dixitais para papel decorativo

CMKY

60

4.182.376,38

1.672.950,55

A15038474

Industrias Losán, S.A.

S

3.715.147,71

40

1.486.059,08

A15166630

Aserpal, S.A.

N

467.228,67

40

186.891,47

ANEXO III

Solicitudes desestimadas

Expediente

Título
do proxecto

Acrónimo
do proxecto

NIF

Empresa
solicitante

Nota

Causa de desestimación

IN854A 2019/03

Laboratorio Dixital do Futuro

FutureLab

B15964521

Mestrelab Research, S.L.

45

Acadar unha puntuación inferior a 60 puntos, de conformidade co disposto no artigo 35.2 das bases reguladoras

ANEXO IV

Solicitudes inadmitidas

Expediente

Título
do proxecto

Acrónimo
do proxecto

Empresa
solicitante

NIF

Causa de inadmisión

IN854A 2019/05

Blockc.Enabled Smart Contract Autonomous Platform for Industrial Internet of Things

Mrobesca

Asistencias Técnicas de Ingeniería Consultores, S.L.

B82492984

Incumpre o disposto no artigo 4.1.a) das bases reguladoras