Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Venres, 28 de xuño de 2019 Páx. 30698

III. Outras disposicións

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 2019 pola que se dá publicidade á encomenda de xestión á Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) para o apoio técnico, dirección de execución e coordinación de seguridade e saúde das actuacións de conservación integral dos camiños de Santiago na Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co artigo 9 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, dáse publicidade á encomenda da Axencia Turismo de Galicia á Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) para o apoio técnico, dirección de execución e coordinación de seguridade e saúde das actuacións de conservación integral dos camiños de Santiago na Comunidade Autónoma de Galicia, coas seguintes características:

– Actividade: o obxecto deste encargo consiste na realización de dúas tarefas principalmente:

• Realización da dirección de execución e coordinación de seguridade e saúde nas obras de conservación integral dos camiños de Santiago na Comunidade Autónoma de Galicia.

• Servizo de apoio técnico para o control e vixilancia das actuacións da conservación integral dos camiños de Santiago na Comunidade Autónoma de Galicia.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: esta encomenda ten natureza intersubxectiva ao realizarse entre entidades públicas pertencentes ao sector público autonómico dotadas de personalidade xurídica propia e ser a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. medio propio e servizo técnico da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto nos artigos 10, 47 e 48 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia da encomenda: os traballos realizaranse desde o 1 de agosto de 2019 ata o 31 de decembro de 2021.

– Financiamento: o orzamento da encomenda ascende a 361.894,94 € e tramítase con cargo á aplicación orzamentaria 11.A2.761A.616.0, proxecto de gasto 2015 00008.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2019

Mª Nava Castro Domínguez
Directora de Turismo de Galicia