A aprobación da relación de postos de traballo do organismo autónomo Instituto Galego da Vivenda e Solo xustifícase polos cambios de estrutura que tiveron lugar desde a súa aprobación e as necesidades funcionais e organizativas actuais.
Adáptanse os postos de traballo aos corpos/escalas previstos na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia (DOG núm. 82, do 4 de maio), así como ao establecido na Orde da Consellería de Facenda do 10 de maio de 2017, pola que se modifica a Orde do 21 de novembro de 1989 pola que se fixan os criterios xerais para a elaboración das relacións de postos de traballo da Comunidade Autónoma de Galicia e se aproba o modelo e se ditan instrucións para o cubrir (DOG núm. 90, do 11 de maio).
En consecuencia, por proposta do organismo autónomo Instituto Galego da Vivenda e Solo, unha vez consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 27 de xuño de 2019, adoptou o seguinte acordo:
Primeiro. Apróbase a relación de postos de traballo do organismo autónomo Instituto Galego da Vivenda e Solo, nos termos que se sinalan no anexo a este, como consecuencia das súas necesidades funcionais e organizativas actuais.
Segundo. Clasifícanse de libre designación os postos que a seguir se relacionan en aplicación do criterio de excepcionalidade que á marxe se indica, de conformidade co previsto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e co disposto na Resolución do 25 de febreiro de 2016, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se ditan instrucións para a tramitación de relacións de postos de traballo e a determinación dos criterios de excepcionalidade e funcións que definen as características que motivan a especial responsabilidade ou cualificación profesional dos postos de traballo de libre designación, de nivel 28 ou inferior, da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia:
Código do posto |
Denominación do posto |
Criterio |
MA.O19.10.000.15001.001 |
Xefatura Área Provincial |
– Especial responsabilidade por xestionar información especialmente reservada da Xunta de Galicia. – Asesoramento e dependencia directa dun alto cargo. – Especial responsabilidade por garantir o adecuado exercicio de autoridade e/ou inspección administrativa da Xunta de Galicia. |
MA.O19.10.000.27001.001 |
Xefatura Área Provincial |
|
MA.O19.10.000.32001.001 |
Xefatura Área Provincial |
|
MA.O19.10.000.36001.001 |
Xefatura Área Provincial |
Terceiro. Ordénase a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.
Visto o Acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 27 de xuño de 2019, relativo á aprobación da relación de postos de traballo do organismo autónomo Instituto Galego da Vivenda e Solo, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda do 8 de xullo de 2013 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 136, do 18 de xullo), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2019
O conselleiro de Facenda
P.D. (Orde 8.7.2013)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública