Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Venres, 28 de xuño de 2019 Páx. 30631

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

ORDE do 13 de xuño de 2019 pola que se modifica a autorización do centro privado plurilingüe Sagrado Corazón, de Lalín.

A titularidade do centro privado (CPR) Plurilingüe Sagrado Corazón, de Lalín, solicita a supresión de 1 unidade de educación primaria e a autorización de 1 unidade de educación especial.

Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos

DISPOÑO:

Artigo 1. Modificación da autorización

Supresión de 1 unidade de educación primaria e autorización de 1 unidade de educación especial, no centro cuxos datos se sinalan a seguir:

Denominación xenérica: Centro privado (CPR) Plurilingüe.

Denominación específica: Sagrado Corazón.

Código do centro: 36004113.

Enderezo: rúa Penatoares, 1.

Localidade: Lalín.

Concello: 36500 Lalín.

Provincia: Pontevedra.

Titular: Colegio Sagrado Corazón do Deza, S.L.

Composición resultante:

Educación infantil (2º ciclo): 6 unidades.

Educación primaria: 11 unidades.

Educación secundaria obrigatoria: 8 unidades.

Educación especial: 2 unidades.

Artigo 2. Inicio da actividade

Para a posta en funcionamento da unidade que se autoriza, a Xefatura Territorial da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional de Pontevedra, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia.

Artigo 3. Inscrición no Rexistro de Centros

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 4. Modificación da autorización

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición, ante esta consellería, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei  29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2019

Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional