Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Mércores, 26 de xuño de 2019 Páx. 30306

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (SSS 1161/2016).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico: que neste xulgado se seguen autos número 1161/2016 por instancia da Mutua Gallega contra a Mutua Asepeyo e outros sobre SSS, nos cales recaeu sentenza en data do 30 de maio de 2019 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decido:

Desestimar a demanda interposta pola Mutua Gallega contra o Instituto Social da Mariña, o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a Mutua Fraternidad, a Mutua Asepeyo e as empresas Unión Marina,S.L., Gallega de Pesca Sostenible, Pesqueras Aspin, S.L., Larrasmendi Bi, S.L., Sukarri, S.L., Nuevo Mate, S.L., Pesqueras Zarrak, S.A., Porto de Celeiro, S.A., Urondo, S.A., Laurri Hermanos, S.A., Larrabaste, S.L., Unión Marina,S.L., Gallega de Pesca Sostenible, Pesqueras Aspin, S.L., Larrasmendi Bi, S.L., Sukarri, S.L., Nuevo Mate, S.L., Pesqueras Zarrak, S.A., Porto de Celeiro, S.A., Urondo, S.A., Laurri Hermanos, S.A., Larrabaste, S.L., e absolver as entidades xestoras e colaboradoras das prestacións exercidas contra ela.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da LRXS.

A competencia para coñecer o recurso de suplicación corresponderá, se for o caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e débese aunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, para o cal basta a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social, ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, consignar a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, a fin de que sirva de notificación en forma a Larrauri Hermanos, S.A. e Pesqueras Zarrak, S.A., expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 6 de xuño de 2019

A letrada da Administración de xustiza