Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Mércores, 26 de xuño de 2019 Páx. 30308

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (SSS 1097/2016).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1097/2016 por instancia de Mutua Gallega contra Mercantabria, S.L.U. e outros sobre SSS, nos cales recaeu sentenza en data do 30 de maio de 2019 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decido.

Estimar parcialmente a demanda formulada pola Mutua Gallega contra o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Javier López Servide, Mutua Asepeyo, Portugal Fish, S.L., Mutua Fremap, Mercartabria, S.L.U., Mutua Fraternidad, Norintegra, S.L., Mutua Universal Mugenat, Panadería Carral, S.L. e Maruxa Breijo Santiago e, en consecuencia:

– Revógase a resolución do INSS do 20 de xullo de 2016 no relativo á responsabilidade da Mutua Gallega.

– Declárase que a responsabilidade debe ser rateada da seguinte maneira: ● Mutua Gallega 48,79 % ● Mutua Fremap 0,37 % ● Mutua Fraternidad 50,84 %.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, para o cal basta a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia a fin de que sirva de notificación en forma a Portugal Fish, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 6 de xuño de 2019

A letrada da Administración de xustiza