Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Mércores, 26 de xuño de 2019 Páx. 30345

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 11 de xuño de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2018540AL-PO, por infracción en materia sanitaria.

O 13 de maio de 2019 a xefa territorial de Pontevedra ditou a resolución do expediente sancionador núm. 2018540AL-PO, incoado á persoa titular do DNI 53182443A.

Tras intentar a notificación desta resolución consonte o artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non puido practicarse, polo que mediante esta cédula notifícase á persoa titular do DNI 53182443A o contido da dita resolución, que figura no anexo, segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, para o seu coñecemento.

No caso de estar conforme con esta resolución, deberá facer efectiva a multa no seguinte prazo:

1. Se a publicación se realiza entre os días 1 e 15 do mes, desde a data da publicación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato hábil seguinte.

2. Se a publicación se realiza entre os días 16 e último do mes, desde a data da publicación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato hábil seguinte.

Para isto deberá empregar os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta xefatura territorial. O pagamento voluntario porá fin ao expediente. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade, no Edificio Administrativo San Lázaro, en Santiago de Compostela, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, de conformidade co establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación a interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

Pontevedra, 11 de xuño de 2019

Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número de expediente: 2018540AL-PO.

DNI da persoa denunciada: 53182443A.

Feito imputado: suposta infracción do previsto en:

– Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, relativo á hixiene dos produtos alimenticios:

Artigo 3, Obrigacións xerais dos operadores de empresa alimentaria.

Artigo 4, Requisitos xerais e específicos en materia de hixiene.

Artigo 5, Sistema de análise de perigos e puntos de control crítico.

Anexo II:

Capítulo I, puntos 1, 2, 9, 10.

Capítulo II, punto 1.

Capítulo V, punto 1.

Capítulo IX, puntos 2, 3.

Capítulo XI.I

– Artigo 9 do Regulamento 1169/2011, do 25 de outubro, sobre a información alimentaria facilitada ao consumidor.

Tipificación: dúas infraccións administrativas tipificadas como leves no artigo 51 punto 1 da Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición:

– As simples irregularidades na observancia das normas sobre seguridade alimentaria e nutrición, sempre que o dito incumprimento non estea tipificado como infracción grave ou moi grave (parágrafo 10).

– O incumprimento dos requisitos de formación ou instrución dos manipuladores de alimentos (parágrafo 11)

Sanción proposta: seiscentos corenta euros (640 €).