En virtude do disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentada a notificación dos requirimentos de documentación no último domicilio das persoas interesadas, sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, notificaránselles os ditos requirimentos de documentación ditados nos procedementos competencia desta xefatura territorial ás persoas citadas nos anexos, que son emprazadas para que no prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado, comparezan persoalmente ou debidamente representadas na Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Política Social, no Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (avenida Salvador de Madariaga, nº 9, 1º andar, A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, para teren coñecemento íntegro do contido dos ditos requirimentos. Advírteselles que, no caso de non compareceren, se considerarán notificadas para todos os efectos.
Advírteselles que, por ser a documentación requirida imprescindible para continuar co procedemento, no caso de non presentala por causas imputables á persoa interesada de conformidade co dito requirimento, procederá a suspensión de conformidade co establecido no artigo 16.2 do Real decreto 357/1991, do 15 de marzo, polo que se desenvolve, en materia de pensións non contributivas, a Lei 26/1990, do 20 de decembro, pola que se establecen na Seguridade Social prestacións non contributivas.
A Coruña, 24 de maio de 2019
María Blanco Aller
Xefa territorial da Coruña
ANEXO I
Procedemento BS650A:
DNI/NIE |
Nº de expediente |
Data |
Documentos |
33228805S |
150175994 |
29.4.2019 |
Requirimento de documentación |
33241796B |
150047208 |
3.5.2019 |
Requirimento de documentación |
32377351K |
150087996 |
29.4.2019 |
Requirimento de documentación |
ANEXO II
Procedemento BS650G:
DNI/NIE |
Nº de expediente |
Data |
Documentos |
00327279N |
150098402 |
9.4.2019 |
Requirimento de documentación |
32429469K |
150082711 |
1.4.2019 |
Requirimento de documentación |