Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Martes, 25 de xuño de 2019 Páx. 30154

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 105/2019).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 105/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Paula Santos Ucha contra o Instituto Español de Formación Laboral y Profesional, S.L. e o Fogasa, se ditaron as seguintes resolucións cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Auto.

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2019

Parte dispositiva.

Dispoño: despachar orde xeral de execución da Sentenza nº 294/2018, do 25 de xuño de 2018, ditada no procedemento ordinario 191/2016 a favor da parte executante, Paula Santos Ucha, fronte ao Instituto Español de Formación Laboral y Profesional, S.L. e o Fogasa, parte executada, por importe de 774,06 euros en concepto de principal (614,47 euros en concepto de salarios, vacacións non gozadas e complemento de dedicación, e 159,59 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET respecto da cantidade anterior), máis outros 77,40 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan percibir durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Contra este auto poderá interporse recurso de reposición ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación.

Así o acorda e asina a S.Sª. Dou fe. A xuíza. O/a letrado/a da Administración de xustiza.

Decreto.

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2019

Parte dispositiva.

Acordo, en cumprimento do requisito que se contén no artigo 276.3 e previo á aceptación na presente executoria da pervivencia da declaración de insolvencia da parte executada, o Instituto Español de Formación Laboral y Profesional, S.L., dar audiencia previa á parte demandante Paula Santos Ucha e ao Fondo de Garantía Salarial, por termo de quince días, para que poidan sinalar a existencia de novos bens e, do seu resultado, acordarase o procedente.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interporse ante quen dita a resolución no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da notificación desta, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma ao Instituto Español de Formación Laboral y Profesional, S.L., en paradoiro ignorado, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2019

A letrada da Administración de xustiza