Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Martes, 25 de xuño de 2019 Páx. 30156

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (PO 44/2017).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 44/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Alberto Gómez Señora contra a empresa Lodri 2015, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, se ditou con data do 29.5.2019 a seguinte sentenza cuxa parte dispositiva se achega:

«Resolvo:

Acéptase parcialmente a demanda presentada por instancia de José Alberto Gómez Señora contra a entidade Lodri 2015, S.L. e, en consecuencia, condeno a demandada a aboarlle ao demandante a cantidade total de 3.517,48 euros como cantidade debida máis o xuro legal desa cantidade, e absolvo a demandada das demais pretensións contra ela exercidas.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, abonda a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Lodri 2015, S.L., en paradoiro ignorado, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2019

A letrada da Administración de xustiza