Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Martes, 25 de xuño de 2019 Páx. 30205

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 7 de xuño de 2019 de notificación de período de proba no expediente COR/133/2018-RP1.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase o período de proba ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística COR/133/2018-RP1 a Beatriz Núñez Vara en relación coas obras que se levan a cabo no lugar de Coirós de Abaixo, no concello de Coirós, provincia da Coruña.

O expediente relacionado está á disposición da persoa interesada na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

De conformidade co disposto no artigo 77 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, acordouse:

1. Solicitar informe técnico ao Servizo Técnico da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística que analice ou axuste das obras executadas á licenza municipal outorgada polo Concello de Coirós, en atención á nova documentación municipal remitida o día 10 de xaneiro de 2019. O informe deberá ser emitido no prazo máximo de trinta (30) días.

Para que conste e lle sirva de notificación á persoa interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2019

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística