Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Martes, 25 de xuño de 2019 Páx. 30206

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 6 de xuño de 2019 polo que se notifica o prego de cargos do expediente sancionador e de restitución e reposición da legalidade POL/81/2018-RP1.

O instrutor do expediente sancionador e de restitución e reposición da legalidade en materia de costas POL/81/2018-RP1, incoado pola realización de actuacións abusivas dentro da zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, no lugar de avenida Teniente Domínguez, no termo municipal do Grove, provincia de Pontevedra, o día 20 de maio de 2019, formulou o prego de cargos previsto no Real decreto 876/2014, do 10 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral de costas.

Ao non se poder realizar a notificación do prego de cargos a Promociones Playa Lanzada 2012, S.L. e a Florencio Magdalena Caneda, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles aos interesados o devandito prego de cargos mediante un anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselles aos interesados que o texto íntegro do prego de cargos que se lles notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo a notificación entenderase producida.

Os interesados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles contados desde o día seguinte ao da notificación deste anuncio, para alegar e presentar os documentos e informacións que consideren convenientes e, se é o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretendan valerse.

Para que conste, e lles sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2019

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística