O Pleno da Corporación, en sesión que tivo lugar o día 25.4.2019, adoptou o seguinte acordo:
Primeiro. Aprobar definitivamente, de conformidade co informe favorable da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural do 13.3.2019, o estudo de detalle formulado pola entidade mercantil Desguaces Herbón, S.L. para a concreción das condicións estéticas e de composición do volume edificatorio da parcela H.4 (antigo bloque 1) do parque empresarial As Gándaras, que modifica o anterior estudo de detalle aprobado definitivamente polo acordo plenario do 4.5.2015 (artigo 80.2 da LSG).
Segundo. Publicar este acordo de aprobación definitiva no DOG, no prazo dun mes desde a súa adopción. Xunto coa publicación deste acordo publicarase a referencia ao enderezo electrónico en que figurará o contido íntegro deste estudo de detalle á disposición do público (artigo 82.2 da LSG).
Terceiro. Unha vez publicado o anuncio no DOG a que fai referencia o anterior acordo, remitir un exemplar deste estudo de detalle en soporte dixital, debidamente dilixenciado, á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (CMATV) para a súa inscrición no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia. Esta inscrición é requisito de eficacia do acordo de aprobación definitiva (artigo 88 da LSG). Posteriormente, publicarase o anuncio no BOP, conforme o establecido nos artigos 82.3 e 88.4 da LSG.
Cuarto. Notificarlles este acordo aos interesados, indicándolles que contra el poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo) nun prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da notificación do presente acto, o cal pon fin á vía administrativa (artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo), sen prexuízo de que poidan interpoñer calquera outro recurso ou reclamación que consideren conveniente ao seu dereito.
O contido íntegro do documento aprobado poderá consultarse no seguinte enderezo electrónico:
http://lugo.gal/gl/actuacions/normativa-urbanistica
Lugo, 14 de xuño de 2019
A alcaldesa
P.D. (Decreto número 16008543)
Xosé Daniel Piñeiro Villares
Tenente de alcalde delegado da Área de
Desenvolvemento Sostible e Persoal, en funcións