Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 21 de xuño de 2019 Páx. 29868

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Touro

ANUNCIO para a corta e adaptación á legalidade urbanística do predio de referencia catastral 15086B506050800000QZ, na parroquia de Cornado.

O Concello de Touro (A Coruña) ten iniciado expediente para a adaptación á Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, da leira con referencia catastral 15086B506050800000QZ, sita na parroquia de San Tirso de Cornado, polo estado de abandono da masa vexetal e polo seu estado ruinoso, sen que se puidesen atopar os propietarios do citado inmoble, aínda coa colaboración da Garda Civil, quen mediante atestado, manifestou a imposibilidade de localizar o domicilio das posibles persoas propietarias do citado inmoble.

Dados por infrutuosos os intentos de notificación e, sendo as persoas responsables de imposible localización e, de conformidade coas instrucións emitidas para os efectos pola Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, efectúase a presente notificación, outorgando un prazo de quince (15) días para que se proceda á corta e adaptación á legalidade urbanística por parte dos propietarios do predio catastral mencionado. Non obstante, outórgase un prazo de dez (10) días para que presenten as alegacións que consideren pertinentes en defensa dos seus dereitos.

Touro, 11 de marzo de 2019

Ignacio Codesido Barreiro
Alcalde